InicioSociedadeA presión dos veciños do Barrio Centro de lugo funcionou: a Fonte...

A presión dos veciños do Barrio Centro de lugo funcionou: a Fonte de San Fernando seguirá no seu emprazamento actual

O goberno de Lugo, que dirixe a socialista Lara Méndez, informou, tras unha reunión con veciños do centro histórico, da decisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

goberno de Lugo, que dirixe a socialista Lara Méndez, informou, tras unha reunión con veciños do centro histórico (coa Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo), de que a petición dos mesmos conservará a Fonte de San Fernando no seu emprazamento actual.

Segundo trasladou nun comunicado, no marco do diálogo ao redor dos proxectos de peonalización do centro histórico, o edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, xunto a persoal da Alcaldía, reuniuse de novo con representantes da plataforma para exporlles diferentes aspectos das obras en curso.

Durante o encontro, confirmou aos representantes da Plataforma, que valoraron, pola súa banda, a actitude “receptiva” e “colaborativa” do goberno local, a intención de respectar os desexos dos veciños de conservar a Fonte de San Fernando no seu emprazamento actual.

“A pesar de que se trata dunha construción que non ten valor histórico ou patrimonial por si mesma, a alcaldesa, sensible á vontade cidadá, quixo cumprir con esta petición, estreitamente vinculada á identidade do barrio, á vista de que o cambio non condicionaba o proxecto previsto para a Praza de Ferrol dunha forma significativa”, explicou Fernández.

Así, o espazo que agora ocupa este elemento e que, inicialmente, pretendía despexarse para facilitar a posterior exhibición dos restos arqueolóxicos que se atopan ‘in situ’, non só se manterá, senón que será o eixo principal dunha nova área axardinada, creada para o efecto, ante o Cuartel.

Asismismo, ratificáronse aos veciños as proporcións nas que se ampliarán as zonas verdes e que aumentarán tamén os bancos con respaldo nas mesmas.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...