InicioSucesosUn veciño do Páramo conduce un tractor cuadriplicando a taxa de alcoholemia...

Un veciño do Páramo conduce un tractor cuadriplicando a taxa de alcoholemia e co permiso retirado dende había dous anos

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a este home de 37 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño do Páramo, un home de 37 anos, por conducir un tractor cuadriplicando a taxa de alcoholemia e co permiso de conducir retirado durante máis de dous anos.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, os feitos producíronse o 18 de xullo, ás 20.40, cando se procedeu a identificar a este home ao circular cun tractor agrícola pola estrada LU-546, termo municipal de Láncara.

Por outra banda, a Garda Civil informa de que investiga a outros seis condutores na provincia de Lugo por delitos contra a seguridade viaria: un veciño de Xove de 58 anos que deu positivo en alcol; un veciño de Vilalba de 21 anos co carné retirado; unha muller de Becerreá de 25 anos que triplicaba a taxa de alcoholemia; un home de 71 anos que tivo un accidente en Becerreá e quintuplicaba a taxa de alcoholemia; un veciño da Fonsagrada de 64 anos que triplicaba a taxa de alcoholemia; así como un veciño de Friol de 36 anos sen puntos no carné.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...