InicioSucesosDetido un ancián de 67 anos por facerse pasar por madeirista para...

Detido un ancián de 67 anos por facerse pasar por madeirista para furtar xoias e cartos en Friol

En Vilalba, dúas veciñas foron detidas tras cambiar a fechadura da casa dun familiar defunto deixando fóra aos seus inquilinos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Carballo, de 67 anos, foi detido pola Garda Civil por facerse pasar por madeirista no municipio lucense de Friol para realizar estafas e levar a cabo un furto de xoias e diñeiro no interior dun domicilio.

O presunto autor fíxose pasar por madeirista para facer unha estafa polo método do cambio de billetes. Tanto neste caso como no furto levou en ambos os delitos un total de 5.000 euros. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil informa que imputa en calidade de investigadas a dúas veciñas de Vilalba, de 66 e 43 anos, como presuntas autoras dun delito de coaccións e outro de apropiación indebida.

As dúas mulleres investigadas supostamente cambiaron a fechadura da vivenda que un defunto familiar da denunciante tiña alugada, negándose á súa vez a devolver 20.000 euros do pago adiantado que figuraba no anexo do contrato asinado ata 2027. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...