InicioSociedadeUn total de 44 acusados de pertencer a unha rede de tráfico...

Un total de 44 acusados de pertencer a unha rede de tráfico de droga en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves, día 27, a vista contra 44 acusados de pertencer a unha rede criminal de tráfico de drogas con base en Rábade, pero con ramificacións en distintos puntos de Galicia e do territorio nacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves, día 27, a vista contra 44 acusados de pertencer a unha rede criminal de tráfico de drogas con base en Rábade, pero con ramificacións en distintos puntos de Galicia e do territorio nacional.

Para eles, en función do seu grao de implicación e de reincidencia, o Ministerio Público pide penas que van desde os dous anos seis anos de cárcere, así como multas que suman, entre todas, preto de dous millóns de euros.

Segundo o escrito de acusación fiscal, a orixe do caso está nun operativo desenvolvido polo Corpo Nacional de Policía na localidade lucense de Rábade, onde se detivo a un home e aos seus dous fillos acusados de venda de heroína, cocaína e haxix.

Por mor destas detencións e os rexistros derivados, púidose identificar a unha extensa rede de ‘revendedores’ de droga polo miúdo, tanto en Lugo como noutras provincias galegas.

Así mesmo, identificouse a un veciño de Marbella con contactos en Galicia como posible provedor de haxix, o cal se valía doutros dous acusados para a súa distribución á comunidade galega desde Santiago de Compostela.

O asentamento de Rábade, prosegue Fiscalía, estaba tamén en conexión con outro provedor de drogas da cidade de Lugo, relacionado á súa vez con distintos vendedores polo miúdo.

Outro dos acusados vinculados con este asentamento distribuía cocaína en puntos de Pontevedra e Lugo xunto cun coñecido e o seu fillo, tamén detidos no operativo. Este último era, ademais, o encargado de transportar cocaína desde o seu domicilio no Salnés a distintos puntos da xeografía española, principalmente Lugo e Palencia.

As relacións entre os distintos clans de tráfico de drogas, de venda intermedia e de menudeo permitiron á Policía deter ata un total de 44 implicados, que están chamados a sentar no banco dos acusados da Audiencia de Lugo a próxima semana acusados dun delito contra a saúde pública e, nalgúns casos, de pertenza a organización criminal.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...