InicioPolíticaPontón pide o voto para o BNG e así ter "un grupo...

Pontón pide o voto para o BNG e así ter “un grupo galego forte” en Madrid

A portavoz nacional do BNG sinalou a necesidade de dar "unha voz forte e potente" para facer fronte á "discriminación histórica por parte das forzas estatais que fan que as infraestruturas prometidas durman o soño dos xustos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este sábado o voto aos que confiaron no Bloque nas pasadas eleccións municipais para, deste xeito, ter “un grupo galego forte” no Congreso tras os próximos comicios xerais.

Nun acto de campaña en Lugo, Pontón fixo un chamamento a mobilizarse masivamente nas urnas para “pór a Galicia no centro e frear a involución”.

“Pido a todas as persoas que votaron ao BNG nas eleccións galegas e agora nas eleccións municipais que este 23 de xullo volvan confiar no BNG, que volvan encher as urnas de votos ao BNG para ter un grupo galego forte no Congreso, porque co voto que tivo o BNG tanto nas autonómicas como nas locais, Galicia terá un grupo forte e orgullosamente galego en Madrid tamén con escano polo catro provincias”, reivindicou.

Neste sentido, a líder nacionalista apelou a concentrar no Bloque todo o voto “de país, rebelde e inconformista”, para alcanzar ese “grupo forte” con deputados e deputadas polo catro provincias galegas, nas que, engadiu, “cada escano máis para o BNG é un menos para Feijóo e a súa alianza coa extrema dereita antigallega”.

GALICIA INTERIOR

Na súa intervención na capital lucense, Pontón aproveitou para destacar a necesidade de dar “unha voz forte e potente” á Galicia interior e facer fronte á “discriminación histórica por parte das forzas estatais que fan que as infraestruturas prometidas durman o soño dos xustos”.

En concreto, mencionou a autovía da Mariña ou a autovía entre Lugo en Santiago, sen concluír 30 anos despois do seu inicio. “Unha falta de respecto”, dixo.

Ademais, Pontón acusou ás forzas do “bipartidismo que queren que todo siga igual” de pór “paus e as rodas” ao desenvolvemento do interior de Galicia. “Xa sabemos que os deputados das forzas estatais van a Madrid atados de pés e mans”, expuxo.

Pola contra, subliñou, o BNG é a única forza con “as mans libres” para defender os intereses dos galegos ante o Goberno do Estado e fronte a “forzas estatais que din unha cousa aquí e fan a contraria en Madrid”.

FIN Á “DISCRIMINACIÓN”

Pola súa banda, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo, Daniel Castro, convidou a votar masivamente ao Bloque este 23 de xullo para “acabar coa discriminación das forzas estatais” coa provincia e para “facer historia dándolle a Lugo o primeiro deputado do Bloque”.

“Tedes a miña palabra, vou colocar os problemas de Lugo no centro do debate no Congreso”, manifestou. Así mesmo, Castro fixo unha apelación directa á mocidade que, na súa opinión, “paga un prezo moi alto” pola “discriminación do PP e do PSOE en Madrid”.

“Cada vez temos máis difícil emanciparnos e facer os nosos proxectos de vida, porque a maior parte da xente nova soporta precariedade e baixos salarios”, denunciou o candidato nacionalista.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...