InicioSucesosIdentifican un home de 80 anos por conducir en sentido contrario pola...

Identifican un home de 80 anos por conducir en sentido contrario pola A-6

Os axentes foron avisados polo 112 Galicia e por numerosas chamadas telefónicas de particulares que alertaban de que un vehículo circulaba en sentido contrario ao estipulado neste punto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil identificou o pasado mércores 12 de xullo a un home de 80 anos que circulaba en sentido contrario pola autovía A-6, á altura do quilómetro 461, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla.

Os axentes tiveron coñecemento dos feitos avisados polo 112 Galicia e por numerosas chamadas telefónicas de particulares que alertaban de que un vehículo circulaba en sentido contrario ao estipulado neste punto.

Unha vez activado o protocolo de detención na estrada, dúas patrullas do Destacamento de Tráfico Garda Civil deLugo e unha de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Becerreá desprazáronse ata o lugar e conseguiron interceptalo á altura do quilómetro 479, preto do Corgo, sen que se producise ningún sinistro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...