InicioSucesosTres anos de cadea para un veciño de Lugo por traficar con...

Tres anos de cadea para un veciño de Lugo por traficar con droga

O fallo non é firme, polo que contra el cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 4.000 euros, como autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de drogas que causan grave dano á saúde, coa atenuante de grave adicción ás drogas, a un veciño da cidade por vender sustancias estupefacientes no seu domicilio.

Na sentenza, o tribunal considera probado que o acusado, acompañado por outras persoas que xa foron condenadas, dirixiuse a Ferrol para proverse de droga, “en concreto, a un poboado que existe na devandita localidade”.

O 9 de setembro de 2020, a policía interceptou o vehículo no que regresaban de Ferrol, en cuxo interior detectaron sustancias estupefacientes.

Os xuíces consideran probado que no momento dos feitos o acusado era drogodependente de longa evolución, “o que afectaba as súas capacidades mentais”, así como que tiña na súa poder as drogas, ademais de para o seu consumo, “para vendelas, favorecendo o consumo doutras persoas e lucrarse así na revenda, maneira na que tamén se procuraba os medios para atender á súa grave adicción”.

O fallo non é firme, polo que contra el cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...