InicioSucesosIdentifican o pai dun menor que se negou a pagar varios obxectos...

Identifican o pai dun menor que se negou a pagar varios obxectos que tirou o seu fillo nunha tenda

A Policía Local levantou acta de intervención á espera da presentación da correspondente denuncia polo responsable do establecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron o pai dun menor que se negou a pagar varios obxectos que o seu fillo tirara do andel dun establecemento en Lugo.

Na tarde do pasado sábado, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía Local foi comisionada pola Sala do 092 para acudir a un establecemento de alimentación na Avenida das Fontiñas, xa que unha persoa estaba a causar molestias no interior.

Os axentes foron informados polo persoal do local de que un neno, que se atopaba co seu pai, tirara obxectos dos andeis sen ser reprendido polo seu proxenitor. Entre outras cousas, sinala a Policía, o menor colleu unha pistola de auga e rompeuna.

Os traballadores do establecemento solicitaron ao pai que abonase os danos e el negouse.

Así, os policías identificaron o pai do menor, recoñecendo que o seu fillo collera diversos artigos e tirounos ao chan e asegurando que non ía pagar nada. A continuación, os policías levantaron acta de intervención á espera da presentación da correspondente denuncia polo responsable do establecemento.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...