InicioSucesosInvestigan un transportista en Lugo por falsificar documentos dun tacógrafo

Investigan un transportista en Lugo por falsificar documentos dun tacógrafo

A Garda Civil sinala que falseou cinco xornadas en decembro de 2022 "co obxecto disimular as conducións efectuadas sen inserir o preceptivo cartón de condutor".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un transportista foi investigado, pola Garda Civil de Lugo, por mor de falsificar documentos impresos do tacógrafo dun dos seus vehículos.

Nun comunicado, a Garda Civil sinala que falseou cinco xornadas en decembro de 2022 “co obxecto disimular as conducións efectuadas sen inserir o preceptivo cartón de condutor, de tal modo que era o investigado quen conducía o vehículo, aínda que facía constar documentalmente” que a condución a “realizou un condutor que se atopaba de baixa médica”.

Este titular e xestor de transportes xustificaba con este modus operandi as súas conducións sen cartón de condutor, ademais de ampliar as súas propias xornadas de traballo, “incumprindo con iso a normativa dos tempos de condución e descanso”.

O tacógrafo é o dispositivo de obrigada instalación nos vehículos destinados ao transporte de mercadorías con peso superior a 3,5 toneladas, así como nos vehículos destinados ao transporte de viaxeiros de máis de nove prazas. Conta cun sistema de gravación dixital, cuxa manipulación é ilegal.

O Código Penal establece para o tipo delituoso investigado, falsidade documental, unhas penas de prisión de seis meses a tres anos e multa de seis a 12 meses.

A Garda Civil lembra que desde marzo de 2020, con motivo da sentenza do Tribunal Supremo sobre o asunto, se tipifica como “delito de falsidade en documento oficial a manipulación dos tacógrafos para sortear controis policiais e administrativos”.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...