InicioPolíticaPSdeG e BNG as negociacións para reeditar o bipartito na Deputación de...

PSdeG e BNG as negociacións para reeditar o bipartito na Deputación de Lugo comezarán tras a investidura

Na reunión da xunta de goberno en funcións, tamén aprobaron o nomeamento das persoas que cubrirán as 39 prazas de emprego público que se estabilizan en diferentes áreas da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz da xunta de goberno en funcións da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, confirmou que a reedición do bipartito actual está en marcha, aínda que as conversacións entre PSdeG-PSOE e BNG comezarán, previsiblemente, despois da sesión plenaria de investidura de José Tomé do 30 de xuño.

A tamén nova alcaldesa de Antas de Ulla mostrouse optimista respecto da negociación. “A lei contempla 30 días desde o pleno de investidura e o pleno de organización, pero é posible que tardemos uns días en convocalo“, declarou en rolda de prensa tras a penúltima xunta de goberno antes de comezar o novo mandato.

En canto aos asuntos tratados neste encontro, a portavoz en funcións destacou a aprobación dun convenio tipo para que os 67 concellos da provincia adhíranse, se así o desexan, e poidan participar en accións de promoción da dixitalización financiadas pola Deputación de Lugo, a cargo de fondos europeos e valoradas en 4 millóns de euros.

Neste sentido, comentou que a administración provincial vai desprazar persoal técnico aos concellos para avaliar as necesidades nesta materia e propor accións para integrar a administración electrónica cos servizos da Administración Xeral do Estado, implantar postos de traballo intelixentes que permitan mellorar a resiliencia dos concellos, crear oficinas de asistencia en materia de rexistro, implantar un sistema de gravación nos plenos e, con iso, aumentar a transparencia das corporacións. “Os fondos serán repartidos como ata agora, aplicando criterios obxectivos”, apuntou a portavoz en funcións.

ESTABILIZACIÓN DE 39 PRAZAS

Nesta reunión da xunta de goberno en funcións, tamén quedou aprobado o nomeamento das persoas que cubrirán as 39 prazas de emprego público que se estabilizan en diferentes áreas da Deputación de Lugo. Trátase do primeiro de tres lotes de prazas que requiren estabilización, en cumprimento da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade.

Os nomeamentos deberán ser publicados no Boletín Oficial da Provincia e cobren postos como os de vixiante, técnico de xestión, capataz, oficial de servizos múltiples, oficial ebanista, profesor de taller, animador de rutas turísticas, auxiliar de relacións institucionais, dinamizador cultural, enxeñeiro ou técnico de mantemento industrial. Queda aínda un segundo lote de prazas por estabilizar a través de concurso e un terceiro a través de concurso-oposición.

CONTRATO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA

Finalmente, García Porto confirmou a adxudicación dun contrato para a prestación do servizo de seguridade e vixilancia dos distintos edificios e dependencias da Deputación. A empresa que resultou adxudicataria é Iluniun Seguridade SA. Trátase dun contrato de 3 millóns de euros para a prestación deste servizo por dous anos, coa posibilidade de dúas prórrogas dun ano cada unha.

A última reunión da xunta de goberno en funcións, prevista para a próxima semana, será un mero trámite de aprobación da acta do encontro deste venres.

ÚLTIMAS

Unha empresa galega presenta o seu proxecto para unha mina de cuarzo en Abadín e admite que terá cinco impactos “moderados” sobre o medio...

A empresa galega Norsil, dedicada á explotación e comercialización de recursos mineiros desde o ano...

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Senadores de Lugo polo PP critican que o Goberno non quere rebaixar a protección do lobo

Os senadores do PP de Lugo criticaron que o Goberno central "non ten intención...