InicioSucesosTres feridos leves tras un accidente con catro vehículos implicados

Tres feridos leves tras un accidente con catro vehículos implicados

Os afectados precisaron asistencia sanitaria pero son considerados de carácter leve.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas de carácter leve nun accidente con catro vehículos implicados rexistrado na mañá deste xoves na cidade de Lugo. O sinistro produciuse ás 10:20 horas deste xoves no punto quilométrico 503 da N-6, entre a Avenida das Américas e Garabolos.

Segundo confirmou o CIAE 112 Galicia, un total de catro coches víronse involucrados neste accidente que deixou tres persoas feridas, todas elas leves, aínda que precisaron atención sanitaria. Ata a zona mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Policía Local, Garda Civil, bombeiros e voluntarios de Protección Civil.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...