InicioPolíticaO PP de Lugo avanza na elección dos deputados que conformarán o...

O PP de Lugo avanza na elección dos deputados que conformarán o seu Grupo Provincial, con dúas prazas que rotarán

Será o grupo máis numeroso na corporación da Deputación provincial de Lugo con 12 dos 25 deputados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP provincial de Lugo reivindicou este mércores que se volveu a situar como primeira forza política da provincia nas eleccións municipais do pasado 28 de maio ao alcanzar 85.640 apoios e 351 concelleiros, polo que será tamén o grupo máis numeroso na corporación da Deputación provincial de Lugo con 12 dos 25 deputados.

Os populares contarán polo partido xudicial de Lugo con seis representantes, dos 12 que lle corresponden na corporación provincial. Os concelleiros que serán deputados provinciais son Carmen José López (portavoz do PP en Sarria), Antonio Ameijide (edil en Lugo); e os rexedores José Pardo Lombao (Outeiro de Rei) Francisco Javier Balado (Castro de Rei), José Ángel Santos (Friol) e Jesús Manuel Núñez (As Nogais). Suplentes serán Héctor Corujo (O Incio), Olga Igrexas (Triacastela) e María José Gómez (Guntín).

Ademais, os rexedores do Incio e Triacastela está previsto que se incorporen ao longo do mandato, rotando con Carmen José López e Jesús Manuel Núñez. A aprobación formal dos deputados provinciais populares por Lugo oficializouse na xunta electoral por parte dos 129 concelleiros do PP nos distintos concellos da zona.

OUTROS PARTIDOS XUDICIAIS

Tamén este mércores foi elixido deputado provincial Javier Varela Vázquez, de Antas de Ulla, por aclamación dos edís do PP no partido xudicial de Chantada. Ademais, a corporación provincial contará con outro cinco representantes do PP: tres por Mondoñedo (A Mariña), un por Vilalba e un por Monforte de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...