InicioLugo e contornaAsí reparte o PSOE as súas áreas de goberno no Concello de...

Así reparte o PSOE as súas áreas de goberno no Concello de Lugo

Lara Méndez levará desde Alcaldía a coordinación do goberno, a xestión dos fondos europeos e relacións institucionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou na tarde deste martes a distribución de responsabilidades entre o oito concelleiros socialistas do Concello, que volve gobernar en coalición co BNG. Así, repartiu as competencias en cinco grandes áreas, incluída Alcaldía, e nomeou portavoz do goberno local a Paula Alvarellos.

Nunha comparecencia ofrecida desde a Casa Consistorial, Méndez explicou que o deseño do seu equipo responde á “eficacia e eficiencia” das “necesidades da cidadanía”, co obxectivo de que a institución sexa “o máis operativa e próxima posible”. Ademais, reivindicou os perfís dos outros sete concelleiros socialistas –á parte dela mesma– como persoas “cunha dilatada traxectoria profesional en ámbitos de xestión”.

A rexedora definiu cinco áreas concretas que levará o PSdeG-PSOE: Alcaldía, Transición Ecolóxica e Impulso Rural, Sustentabilidade Urbana e Recursos Internos, Dinamización Económica e Cohesión Social. O acordo de investidura asinado a semana pasada co BNG de Rubén Arroxo implicou reeditar o pacto de 2019, coa mesmo repartición de competencias.

No lado socialista do goberno, Méndez levará desde Alcaldía a coordinación executiva e a supervisión directa dos “proxectos estratéxicos de transformación da cidade”, o que inclúe a xestión de fondos europeos e actividades englobadas na Axenda 2030, así como relacións institucionais e actuacións protocolarias, entre outros asuntos.

Para a área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural designou a Miguel Fernández, un dos tenentes de alcaldesa, como concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural. Farase cargo dos labores de conservación, limpeza e obras das vías públicas.

Paula Alvarellos, ademais de portavoz do goberno local e tamén tenienta de alcaldesa, será a encargada da área de Sustentabilidade Urbana e Recursos Internos. Prestaralle apoio Pablo Permuy como concelleiro de Economia e Recursos Humanos do Concello.

Na área de Dinamización Económica, que inclúe competencias sobre os festivais de música como o Caudal Fest, estará Mauricio Repetto, outro dos tenentes. Dentro desta mesma sección estará Jorge Bustos como concelleiro de Mocidade e Deportes, que levará ademais eventos como o Arde Lucus.

A quinta área será Dinamización Social, da que será delegada a tenienta de alcaldesa Ana González Abelleira con competencias sobre igualdade, inclusión e dinamización sociocultural. Aquí mesmo incluirase a Concellaría de Benestar Social, con Olga López Racamonde á fronte.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...