InicioSociedadeTraballadores da limpeza en Lugo concéntranse no marco dunha folga con seguimento...

Traballadores da limpeza en Lugo concéntranse no marco dunha folga con seguimento masivo

Os tres sindicatos convocantes mostráronse satisfeitos co seguimento da folga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Decenas de traballadores e traballadoras do sector da limpeza de edificios concentráronse este martes 20 de xuño na Rolda da Muralla, onde se atopa a sede dos sindicatos. Esta xornada de folga e manifestación foi convocada por CIG, CCOO e UXT, en protesta pola falta de acordo na negociación dun novo convenio provincial en Lugo.

O convenio colectivo provincial deixou de estar en vigor o 31 de decembro de 2021. De acordo con fontes sindicais, o sector ten actualmente unhas condicións salariais que están uns 1.800 euros por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI) desde a perspectiva anual e a patronal, que participa na mesa de negociación a través da Asociación Provincial de Empresas de Limpeza de Edificios e Locais en Lugo e a estatal Asociación Profesional de Empresas de Limpeza (ASPEL).

“Está a ofrecer unhas condicións que supón deixar ao sector por baixo do SMI”, afirmou a secretaria de Servizos da Confederación Intersindical Galega (CIG), Asunción Castiñeiras. Os tres sindicatos mostráronse satisfeitos co seguimento da folga, considerado masivo se se teñen en conta os servizos mínimos impostos, que en certos ámbitos chegan mesmo ao 100% e Castiñeiras, desde a CIG, cualifica “abusivos”.

A mesa de negociación abriuse hai un ano, con meses de atraso, e as organizacións de traballadores denuncian que esta estratexia empresarial de deixar en branco varios anos leva practicando desde hai tempo, condenando á “precariedade” ás empregadas dun sector altamente feminizado que xa ten serios problemas para chegar a fin de mes, coas constantes subidas do IPC dos últimos anos, tal e como denuncian.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...