InicioPolíticaComezan as obras para crear 340 prazas de aparcadoiro gratuíto na contorna...

Comezan as obras para crear 340 prazas de aparcadoiro gratuíto na contorna do Hospital Lucus Augusti

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, supervisou este luns o inicio dos traballos para habilitar 340 novas prazas de estacionamento gratuíto na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo informou o Concello nun comunicado, a actuación, que terá un prazo de catro meses, adxudicada á empresa Escavacións J. Carreira, suporá un investimento municipal de 156.902 euros. Méndez sinalou que con isto se busca atender ás “demandas dos veciños” que ven “elevadas as tarifas do aparcadoiro subterráneo”.

O recinto ocupará dúas parcelas que no seu conxunto suman 11.510 metros cadrados con capacidade para máis de 300 vehículos. A nova área de estacionamento contará con dous accesos.

Así, haberá unha entrada ao recinto polo extremo norte, a partir da vía asfaltada, con filas dobres de aparcadoiro en batería paralelas á rúa Doutor Ulises Romeu, no caso do predio da dereita. No lado esquerdo, optaron por distribuír as prazas de forma paralela ao camiño de acceso.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...