InicioSociedadeCIG denuncia "persecución" da concesionaria do servizo de limpeza do Hula a...

CIG denuncia “persecución” da concesionaria do servizo de limpeza do Hula a traballadores que se pon enfermos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de servizos de Lugo da CIG denuncia “persecución” da empresa concesionaria do servizo de limpeza do hospital universitario Lucus Augusti (Hula) aos traballadores que se pon enfermos, e pide o cesamento destas actuacións.

Baixo a “escusa” de realizar un seguimento “máis efectivo” e “mellorar a atención” das persoas en situación de incapacidade temporal, Serveo, segundo indica a central nacionalista, contratou en febreiro os servizos médicos externos de Tebex “para que, na práctica, faga un control do absentismo e presione ao persoal para que acurte o máximo posible a duración das baixas”.

“Desde que esta empresa externa (que non é a mutua que lle xestiona a cobertura das prestacións) comezou a operar, cada vez que unha traballadora cae de baixa, deseguido é citada por teléfono para acudir a centro privado como Polusa ou outra clínica, aínda que teña dificultades para moverse polo seu estado de saúde”, asegura.

Pero, para a CIG, “o máis sanguento é que, de maneira habitual, cando a traballadora acode ao lugar indicado, dinlle que non a poden atender e vólvena a citar noutro centro outro día, e volve pasar o mesmo”.

A portavoz Asunción Castiñeira advirte que o persoal acode a estes servizos médicos “aínda que sexa arrastras” porque “pola contra reciben ameaza de retirarlle o complemento de IT por continxencias comúns que paga a empresa por convenio“. A finalidade, segundo Castiñeira, “non é mellorar a atención senón fiscalizar a saúde dos traballadores, dando por suposto que cando collen unha baixa están a cometer unha fraude”.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...