InicioCulturaCéltica, Hijas de Cassandra, fogueiras e gastronomía entre as actividades para este...

Céltica, Hijas de Cassandra, fogueiras e gastronomía entre as actividades para este Arde Lucus

A festividade, que estrea este ano a distinción de Interese Turístico Internacional, desenvolverase en Lugo desde o 22 ao 25 de xuño

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa da XXII edición do Arde Lucus, por primeira vez como Festa de Interese Turístico Internacional, conta entre as súas actividades cunha gran fogueira, gastronomía de autor, concertos como os de Céltica-Pipes Rock e Hijas de Cassandra e unha ampla oferta de lecer infantil.

Así, a programación para esta festa, que se celebrará a próxima semana en Lugo, foi presentada este venres pola alcaldesa da cidade en funcións, Lara Méndez, e polo concelleiro de Mocidade, Mauricio Repetto. Como este ano coincide co San Xoán, algunhas das asociacións que participan organizarán unha fogueira diante do Pavillón Municipal, o venres 23 ás 23,30 horas.

Este ano “increméntase o número de escenarios” do Mivdo Arde para diversificar a oferta de actividades infantís en diferentes localizacións da cidade, explicou Méndez. A alcaldesa tamén fixo referencia a dous “grandes concertos” previstos nesta edición que se celebrarán na Praza de Santa María. O de Céltica-Pipes Rock será o sábado á media noite, e o de Hijas de Cassandra o domingo ás 21,30 horas.

Pola súa banda, o concelleiro de Mocidade indicou que co programa queren que os lucenses e visitantes “revivan o pasado romano e castrexo da cidade e que coñezan os costumes e tradicións da historia”.

GASTRONOMÍA

Unha das novidades é que os visitantes poderán gozar da gastronomía, é por iso que o semisoto da Praza de Abastos, a rúa Quiroga Ballesteros e a Praza de Santo Domingo serán desde o 23 ata o 24 de xuño un restaurante romano.

Esta actividade desenvolverase da man da Asociación de Cociñeiros de Lugo que desde o venres, ás 20,00 horas e todo o fin de semana os visitantes “serán testemuños da súa elaboración, pero tamén catadores dos bocados máis exquisitos da antiga Roma”, indicou Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...