InicioSociedadeO sector dos supermercados, en folga o 23 de xuño en Lugo

O sector dos supermercados, en folga o 23 de xuño en Lugo

Entre as propostas están a mellora salarial, o pago do 100% do salario en casos de incapacidade temporal, redución de xornada anual e sábados libres, entre outros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os sindicatos CC.OO. e CIG convocaron folga por primeira vez no sector do comercio da alimentación da provincia de Lugo, que será o venres 23 de xuño. Previamente, o 18 de xuño haberá unha manifestación que partirá ás 12:00 horas do supermercado Froiz de Montero Ríos e terminará ante a Confederación de Empresarios de Lugo, na praza de Santo Domingo.

CC.OO. e CIG convocaron esta protesta ante o “escurantismo e desprezo” co que a patronal e UXT pactaron un preacordo que “nin sequera lles presentou ás demais organizacións”: “Impedíndonos valoralo e presentar as nosas propostas”. E é que ese “suposto preacordo” segue “condeando” aos traballadores do sector na provincia de Lugo á “desigualdade e á precariedade laboral“. Apuntan que a parte empresarial foi a que lles comunicou nun escrito a CC.OO. e CIG os termos da proposta que UXT lle trasladou á patronal.

Nun comunicado, Comisión Obreiras indica que as súas reivindicacións para asinar o convenio pasan por: mellora salarial con aproximación ás condicións da provincia da Coruña e unha revisión anual conforme ao IPC, pago do 100% do salario en casos de incapacidade temporal, redución de xornada anual, sábados libres, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

Carmela López recibe os usuarios de AFAN Burela que participan en ‘Coñece a túa provincia’

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu a benvida este martes no...