InicioPolíticaO PSOE de Lugo envía a proposta de candidatos a deputados...

O PSOE de Lugo envía a proposta de candidatos a deputados provinciais, que deberá ser ratificar a dirección

O secretario xeral provincial, José Tomé, presidiu a reunión para elaborar a proposta composta por "un equipo solvente".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A executiva do PSOE provincial de Lugo propuxo por unanimidade aos candidatos a deputados provinciais, que remitirá ás direccións galega e federal para a súa aprobación.

En concreto, a proposta recolle a Pilar García Porto polo partido xudicial de Chantada; a Carlos López López, polo da Fonsagrada; a Miguel Fernández, Pablo Rivera, José María Arias e Iván Castro, por Lugo; a José Tomé, polo de Monforte; a Mayra García e Francisco Cajoto, polo de Mondoñedo; e a María Sol Morandeira polo de Vilalba.

Diso informou o PSOE de Lugo nun comunicado, no que sinala que o secretario xeral provincial, José Tomé, presidiu a reunión para elaborar a proposta composta por “un equipo solvente, que servirá para seguir traballando e defendendo os intereses dos veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia desde a Deputación”.

Ademais, asegurou que son persoas preparadas con diferentes perfís, tanto pola súa idade como pola súa traxectoria vital, o que, segundo apuntou, traducirase en “un moi bo traballo como deputados e deputadas provinciais”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...