InicioPolíticaO comité do PSOE de Lugo aproba as listas ao 23J, con...

O comité do PSOE de Lugo aproba as listas ao 23J, con Besteiro de ‘un’ ao Congreso e Patricia Otero de ‘dous’

José Tomé destaca a figura política de Besteiro para a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité provincial do PSOE de Lugo ratificou este mércores as candidaturas ás eleccións xerais do próximo 23 de xullo, que encabeza o delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, para o Congreso e o actual senador César Mogo para a Cámara alta.

A candidatura dos socialistas á Cámara baixa inclúe como número dous á actual deputada autonómica e exsecretaria xeral do partido na provincia, Patricia Otero. Ademais, no tres figura Eduardo Vidal Baamonde, da comarca da Terra Cha e, no catro, Gloria María Prada Rodríguez, de Lemos.

Pola súa banda, en canto á lista ao Senado, sitúase como titular número uno á Cámara alta o actual senador e antigo colaborador de Pedro Sánchez, César Mogo. O titular número dous é Marina Ramudo Graña, e o tres é José Fernández Fernández.

Antes da celebración do comité, o secretario xeral do PSOE provincial de Lugo, José Tomé, presidiu a reunión da executiva provincial, que foi a encargada de facer a proposta de candidaturas para as Cortes xerais, unhas listas que foron aprobadas por aclamación.

Na súa intervención, da que informou o PSOE de Lugo nun comunicado, Tomé destacou que as listas que presentan os socialistas son “politicamente as máis solventes da provincia de Lugo” e puxo en valor a forza política de Besteiro, de quen asegurou que “fará un gran labor” no Congreso.

Ademais, dixo que “está chamado a maiores maxistraturas na súa carreira política, para o que, conforme indicou, “conta con todo o apoio do partido na provincia”. “A provincia de Lugo terá na persoa de Besteiro un gran valedor, avalado polo seu perfil político, como xestor, pero tamén como persoa próxima, sensible cos problemas da xente e que, afortunadamente, espéralle un gran percorrido político”, manifestou.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...