InicioEconomíaA Xunta lembra, tras descartar Calviño fondos para Altri, o "compromiso explícito"...

A Xunta lembra, tras descartar Calviño fondos para Altri, o “compromiso explícito” de Sánchez co proxecto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, lembrou que “hai un compromiso explícito por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para que o proxecto de Altri poida ter un encaixe dentro dos Perte“, tal e como lle trasladou na súa reunión co titular do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, o pasado ano. “Por tanto entendemos que hai esa marxe“, sostén sobre esta iniciativa de fábrica de fibras téxtiles sustentables de Palas de Rei (Lugo), e que “cumprindo os criterios establecidos pola Comisión Europea poida ter un encaixe igual que outros proxectos presentados por outras comunidades autónomas”.

Así se expresou despois de que o pasado martes a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, asegurase que o Executivo “tivo en conta todos os proxectos” das comunidades autónomas, singularmente de Galicia, salvo o de Altri, debido aos criterios que impón a UE.

A preguntas da prensa en Santiago, Conde expresou que a Xunta: “Segue esperando a que o Goberno dea unha resposta á carteira de proxectos que presentamos na candidatura dos fondos europeos“. “Por tanto, Altri non é unha excepción. É un proxecto máis dentro dos que o Goberno non deu unha resposta desde o punto de vista dos fondos europeos”, apunta.

O Goberno non está a dar esa resposta ás prioridades que lle marcamos desde Galicia, que foi unha solicitude da propia vicepresidenta primeira do Goberno”, quéixase Conde. Censura que “o Goberno está a demostrar unha lentitude extrema na xestión dos fondos europeos”.omisión Europea”.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...