InicioSociedadeComeza "con alegría e satisfacción" para o Concello a demolición das torres...

Comeza “con alegría e satisfacción” para o Concello a demolición das torres do Garañón

Os traballos sobre as torres comezarán, previsiblemente, a próxima semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa en funcións de Lugo, Lara Méndez, celebrou a demolición das torres do Garañón e avanzou a recuperación dese espazo para que sexa unha zona verde. “Vemos con alegría e satisfacción como xa é o fin desas torres onde había unha demanda social, onde todos queriamos ese mesmo fin, que esa zona se recuperase para a cidadanía e máis que fose en enclave ambiental”, esgrimiu Méndez.

Nesta liña, lembrou que no ano 2017 tomou a decisión de non continuar co procedemento xudicial, un expediente que tachou de “complexo, arduo e complicado”, pero que agora viron como se materializa e “xa ten folla e data de caducidade”.

Así as cousas, este edificio leva paralizado máis dunha década, na que deu orixe a unha polémica xudicial e política que levou a dimitir ao que fose alcalde da localidade, José López Orozco, e ao secretario xeral do PSdeG entre 2013 e 2016, José Ramón Gómez Besteiro, tras ser imputados pola xuíza Pilar de Lara por suposta prevaricación relacionada coa licenza deste edificio.

Con todo, en 2021 a Audiencia Provincial de Lugo arquivou este caso e exonerou de responsabilidade a ambos os dirixentes socialistas nun auto no que se indicaba que “non existían indicios da comisión de delitos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...