InicioPolíticaCandia nomea equipo e advirte que se non a deixan gobernar non...

Candia nomea equipo e advirte que se non a deixan gobernar non dará “os cen días de graza”

A aspirante popular insiste en ofrecer un pacto a PSOE e BNG para que sexa a forza máis votada a que goberne na capital lucense Enrique Rozas exercerá de viceportavoz de Candia no Concello de Lugo, e Ameijide será deputado provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía, Elena Candia, quen quedou o pasado domingo 28 de maio ás portas da maioría absoluta, será a portavoz do grupo municipal, coas áreas de Economía e Cultura, mentres que Enrique Rozas, será o viceportavoz e responsable das áreas de seguridade, participación (atención á cidadanía) e deportes.

E en clave provincial, a proposta do grupo municipal para o representante na Deputación de Lugo é Antonio Ameijide, ata agora viceportavoz no Consistorio. O concelleiro, que se encargará de infraestruturas e mobilidade, collerá a substitución de Óscar Poy, que ocupou o cargo o últimos catro anos.

Candia presentou este luns, acompañada polos 11 populares candidatos que entrarán na corporación o vindeiro sábado 17 de xuño, a estrutura do grupo municipal, e tamén avanzou a estratexia e a repartición de áreas que acordou cos integrantes da agrupación. “Cada persoa do equipo terá unhas responsabilidades de traballo cun dobre obxectivo: por unha banda, fiscalizar as accións do goberno e, por outra banda, facer un traballo propositivo”.

Os populares fixeron este anuncio tras rexistrar unha carta dirixida á candidata do PSOE, Lara Méndez, e ao aspirante do BNG, Rubén Arroxo, solicitando senllas reunións. E é que Candia insistiu na oferta dun pacto para que sexa o PP, a forza máis votada, a que lidere o goberno de Lugo.  “De rexeitar este ofrecemento e reeditarse o pacto de perdedores non tería sentido darlles os cen días de graza, nin esperar nin un só día para xulgar as súas accións políticas. Non sería xusto nin razoable”, avisou a dirixente popular.

“OPOSICIÓN ESIXENTE E FIRME”

O equipo do grupo popular combinará a experiencia de cinco persoas que tiveron ou ten na actualidade responsabilidades en política municipal (a candidata, Rozas, Ameijide, Javier Vázquez e Mar Carballas) mentres que os seis restantes estréanse na área de política.

“Faremos un traballo positivo e unha fiscalización esixente e firme do bipartito. Seremos os ollos e os oídos de todos os lucenses os 365 días, as 24 horas tanto dos que votaron ao PP como dos que non o fixeron”, remarcou, convencida de que “non hai tempo que perder”.

En canto ao resto de áreas, Cristina Sanz ocuparase de fondos europeos e seguimento Lugo Transforma; mentres que Javier Vázquez levará educación; Flor Rubinos atención ás 54 parroquias da zona rural; e Sivia Colmenero, comercio, industria, consumo e medio ambiente (compartirá con Ameijide unha subárea deste eixo).

Pola súa banda, Ramón Cabarcos ocuparase de rehabilitación e urbanismo; Agustín Gallego, turismo e promoción do municipio; Aurora Goás, muller e igualdade; Gustavo Díaz, benestar social, migración e voluntariado; e Mar Carballas, recursos humanos e atención á infancia e á mocidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...