InicioPolíticaComezan as negociacións entre o PSOE e o BNG de Lugo para...

Comezan as negociacións entre o PSOE e o BNG de Lugo para reeditar un acordo de goberno

Ambas formacións manterán unha primeira reunión este xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE e o BNG de Lugo anunciaron que se reunirán o xoves para empezar a dar pasos nas negociacións encamiñadas a reeditar un acordo de goberno para a capital lucense e articular un programa marco que rexerá no novo mandato municipal.

Segundo indicou o portavoz socialista de Lugo, Miguel Fernández, na reunión abordarán a articulación dun novo programa marco para o mandato que agora arrinca tras cumprir “case na súa totalidade” o do anterior. Tamén se negociará para determinar as áreas dos integrantes da coalición.

Pola súa banda, o portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, detallou que, polo momento, “o único” que se puxo sobre a mesa foi o calendario para as próximas reunións e o esquema no que traballarán. Así mesmo, puntualizou que a intención do BNG “é poder crear o mellor goberno para Lugo, o mellor proxecto para que a cidade poida seguir camiñando tal e como decidiron os veciños”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...