InicioSociedadeAs intensas choivas deixan inundacións na capital lucense

As intensas choivas deixan inundacións na capital lucense

PUBLICADA O

- Advertisement -

As intensas choivas que afectan durante este domingo ás provincias de Ourense e Lugo provocaron inundacións na capital lucense, onde se viron afectado baixos e outras edificacións como a estación de autobuses da cidade ou mesmo o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Algunhas das rúas principais da cidade amurallada, como a Avenida de Lugo e Fontiñas, víronse alagadas, chegando a levantarse mesmo as tapas dos sumidoiros. A Axencia Estatal de Meteoroloxía alertaba esta tarde de que as precipitacións serían intensas e poderían producirse acumulados de ata 30 mm nunha hora.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activaba esta mañá a alerta laranxa por choiva na montaña de Ourense e de Lugo, así como no sur desta última provincia. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comeza ao mediodía deste domingo cunha precipitación acumulada nunha hora de ata 30 mm.

Ademais, estarán en alerta amarela o centro de Lugo, xa que se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de 20 mm, así como o interior da Coruña e de Pontevedra, e as zonas noroeste, Miño, sur e Valdeorras de Ourense, onde se espera unha precipitación acumulada nunha hora de 15 mm.

A maiores activouse a alerta amarela por treboadas nos interiores da Coruña e de Pontevedra, en Ourense, no centro, sur e montaña de Lugo.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...