InicioPolíticaCandia pide a PSOE e BNG ser alcaldesa e traballar xuntos para...

Candia pide a PSOE e BNG ser alcaldesa e traballar xuntos para que “Lugo sexa o primeiro”

PUBLICADA O

- Advertisement -

candidata do PP á alcaldía de Lugo, Elena Candia, que encabezou a lista máis votada e obtivo 12 concelleiros nos comicios do pasado domingo, enviou este sábado unha carta dirixida ao PSOE e ao BNG para trasladarlles o seu ofrecemento para liderar un pacto de goberno “onde Lugo sexa o primeiro”.

Segundo trasladou o PP Local, nesta misiva Candia expón que “o caudal de confianza depositado no proxecto político do Partido Popular, e que avalan os 21.447 votos dos lucenses” que escolleron o pasado 28 de maio a papeleta popular, anímana a “solicitar unha reunión de traballo” con socialistas e nacionalistas. 

Así, a intención é “abrir unha rolda de conversacións con socialistas e nacionalistas insistindo na necesidade de traballar por Lugo con feitos deixando de lado confrontacións e ataques gratuítos” que, apunta, “os lucenses non merecen“. Precisamente, na campaña foi moi criticada por ser a responsable dos anónimos polos que se investigou a José Ramón Besteiro.

Así mesmo, a popular explica que cre que a política “debe construírse desde o entendemento”. “A cidadanía demándanos aos políticos altura de miras e que antepoñamos os intereses xerais a calquera tipo de discrepancia política ou persoal”, expresa. Para finalizar, afirma que espera que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo lle dean a “oportunidade” de “escoitar en primeira persoa” a súa proposta” que, asegura, presentará “cunha actitude de total cordialidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...