InicioSociedadeTres trazados do Camiño de Santiago na Diócese de Lugo acollerán máis...

Tres trazados do Camiño de Santiago na Diócese de Lugo acollerán máis peregrinos

O convenio coa Xunta facilita a contratación de persoal para realizar este labor de acollida e atención ás necesidades dos peregrinos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Diocese de Lugo e a Axencia de Turismo de Galicia formalizaron un convenio para que a primeira aumente a acollida de peregrinos en tres trazados do Camiño de Santiago, segundo un comunicado.

O acordo permitirá non só aumentar esa acollida senón tamén o número de visitantes en cinco novas igrexas: Santa María da Fonsagrada e Santa María de Vilabade (Camiño Primitivo), San Miguel de Montefurado, San Salvador do Hospital de Quiroga (Camiño de Inverno), e San Nicolás de Portomarín (Camiño Francés); e a intención é estender este programa a algunha igrexa máis no Camiño Francés.

A de Lugo é a diocese española con máis quilómetros de rutas xacobeas e trasladou o seu “compromiso” coa atención ás persoas que realizan o Camiño de Santiago e tamén coa posta en valor do patrimonio cultural.

Segundo explicou, “as circunstancias pastorais, que dificultan unha acollida máis extensa, son suplidas con iniciativas propias das parroquias e da Diocese na misión de mellorar a experiencia de todas as persoas que se achegan ás nosas comunidades a través do Camiño”.

O convenio coa Xunta facilita a contratación de persoal para realizar este labor de acollida e atención ás necesidades dos peregrinos.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...