InicioSucesosInterceptados na provincia dous homes que sufriron un accidente mentres conducían ebrios

Interceptados na provincia dous homes que sufriron un accidente mentres conducían ebrios

A Garda Civil investiga a unha terceira persoa por circular sen carné.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un total de tres condutores da provincia de Lugo, dúas deles por arroxar un resultado positivo nas probas de alcol ás que foron sometidos e un terceiro que conducía un ciclomotor sen carné.

Tal como informou a Benemérita nun comunicado, este último caso sucedeu o pasado domingo en Meira, cando un mozo, de 29 anos e veciño da devandita localidade, foi interceptado circulando sen carné.

Días antes, en concreto o venres 26 de maio sobre as 22,45 horas, os axentes tiveron constancia dun sinistro viario ocorrido en Escairón, no termo municipal de Saviñao, consistente nunha saída de vía e posterior colisión contra un farol. O condutor resultou ser veciño de Arteixo (A Coruña) de 52 anos de idade, que arroxou unha taxa positiva no control de alcoholemia que triplicaba a máxima permitida.

Na madrugada do sábado para o domingo, outro home tivo un accidente en Rábade, sendo o condutor veciño de Cospeito de 37 anos de idade. Tras saírse da vía e impactar contra unha vivenda, deu positivo en alcol e drogas.

“En todos estes casos os supostos autores dos feitos resultaron investigados como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria, debendo comparecer en distintas sedes xudiciais desta provincia onde se celebrarán os correspondentes xuízos”, indicou a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...