InicioLugo e contornaXulgan en Lugo a tres persoas que defraudaron 176.000 euros á Seguridade...

Xulgan en Lugo a tres persoas que defraudaron 176.000 euros á Seguridade Social

Entre os acusados están un pai e unha filla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro luns a tres persoas acusadas de crear unha armazón empresarial para eludir o pago de 176.000 euros á Seguridade Social. Segundo recolle o escrito fiscal, os tres acusados, dous deles pai e filla, subscribiron en 2013 unha sociedade común para xestionar un bar en Lugo, que contraeu unha débeda coa Seguridade Social que alcanzou os 67.761,12 euros entre 2013 e 2015.

Nese momento, deron de baixa a sociedade para sucedela por outra, eludindo o pago deste diñeiro. “Crearon así, en sucesión da anterior, e coas súas mesmos datos de contacto e domicilio, outra sociedade, dando de baixa a 4 traballadores da anterior sociedade e de alta na nova escasos días despois”, apunta o escrito.

A nova sociedade, “controlada e empregada tamén polos tres acusados para defraudar á Seguridade Social, chegou a deber á mesma 79.315,15 euros entre os anos 2016 e 2019”. A estas cantidades súmanse os case 30.000 euros de débeda que una das acusadas contraeu a través das cotas do rexistro de traballadores autónomos.

Por estes feitos, Fiscalía pide para as procesados penas de entre 5 e 6 anos de cárcere e multas que van do quíntuplo ao cuádruplo do defraudado, así como que abonen á Seguridade Social os máis de 176.000 euros que lle deben.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...