InicioPolíticaElena Candia acode a votar e anima a todos os lucenses a...

Elena Candia acode a votar e anima a todos os lucenses a “exercer un dereito fundamental”

O candidato do BNG, Rubén Arroxo, fai un chamamento á participación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PPdeG á alcaldía de Lugo, Elena Candia, exerceu o seu dereito a voto poucos minutos despois das 9,00 horas no Centro de Novas tecnoloxías, onde animou a todos os lucenses a “exercer un dereito fundamental”.

Tras depositar a súa papeleta, Elena Candia agradeceu a “todos os que están a axudar a que o día se desenvolva con normalidade”. Ademais da os interventores e apoderados populares, a alcaldable tivo palabras para todos os reprensentantes da Administración, forzas de seguridade e funcionarios “que axudan nunha xornada intensa, pero de moita ilusión”. “Esperemos que todo salga ben”, desexou. Candia ten previsto visitar o resto de mesas electorais durante a xornada electoral.

RUBÉN ARROXO FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, votou á primeira hora deste domingo nas instalacións do ministerio de Obras Públicas en O Ceao, onde fixo un chamamento á participación “nunha xornada histórica”.

“Lanzamos a todas o chamamento para que veñan votar. É un momento decisivo para este Lugo”, sinalou o alcaldable nacionalista. Ademais, trasladou unha mensaxe de “ánimo” a todos os que toman parte nas mesas electorais e aos apoderados e interventores, así como aos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...