InicioSucesosDetidas catro persoas en Lugo tras unha disputa con outros catro na...

Detidas catro persoas en Lugo tras unha disputa con outros catro na que sacaron unha navalla

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este venres en Lugo a catro persoas tras unha disputa con outros catro nas inmediacións do campus universitario lucense na que sacaron unha navalla e varios paus.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos sucederon a última hora da tarde deste venres. Ao parecer, dúas mulleres paseaban por esta zona do campus cun can cando se cruzaron con este grupo, co que xa terían algún problema, precisamente, relacionado cos animais.

Nese momento, tras unha discusión, as mulleres decidiron marcharse. Pero ao pouco intre, apuntan as mesmas fontes, apareceron outro catro novos, que preguntaron aos anteriores, que permanecían sentados nas proximidades do anfiteatro do Campus, que pasara coas dúas mulleres.

Nese momento, un deles sacou unha navalla e os demais unha especie de paus. Ademais, o que mostrou a arma branca fixo ademán de cravarlla a un dos integrantes do grupo que acababa de presentarse no lugar, e que ante esta situación decidiu refuxiarse na zona da biblioteca Intercentros.

Desde alí, chamaron á Policía, que unha vez no lugar procedeu á detención de catro persoas. Fontes da investigación confirmaron que estaba previsto que todos eles pasasen na tarde deste sábado a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...