InicioLugo e contornaLugoA xunta electoral prohibe ao Concello de Lugo celebrar unha festa a...

A xunta electoral prohibe ao Concello de Lugo celebrar unha festa a fin de semana

O consistorio lucense recorrerá a decisión da xunta electoral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta electoral requiriu ao Concello de Lugo que non leva a cabo as actividades festivas programadas para o sábado, xornada de reflexión, no barrio da Milagrosa, unha decisión que o Consistorio decidiu recorrer.

Nun comunicado, o goberno local que lidera a socialista Lara Méndez lembra que se trata de “accións de continuidade de dinamización económica” que se realizan durante todo o ano dentro do programa Localmente Lucense.

A festa foi levada á xunta electoral por parte de Luís Latorre, a quen o Consistorio afea que denunciase incluso a cor usada, o vermello, xa que é o “aprobado” na corporación local como imaxe da entidad local.

No comunicado, o Concello de Lugo sinala que no marco desta estratexia realizáronse actividades como ‘tardeos’, ‘nocheos’, concertos e mercadillos e que se volverá a activar despois das eleccións locais.

Mentres, engade, “a petición dos comerciantes e hostaleiros” da Milagrosa ante a “campaña negativa da imaxe que se estaba traslanddo do barrio, decidiuse realizar esta actividade antes”.

A programación, que ten un custo de 15.000 euros (segundo publicou O Progreso), pechouse cos comerciantes e hostaleiros os venres e sábado porque “son os días nos que hai máis afluencia de público”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...