InicioPolíticaA ministra de Educación mostra en Lugo o seu apoio á iniciativa...

A ministra de Educación mostra en Lugo o seu apoio á iniciativa local a favor do emprendimento

Pilar Alegría defendeu o traballo da rexedora luguesa para "potenciar un modelo exitoso como este, cun centro que pon o foco en iniciativas locais".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, visitou este mércores o Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), onde reivindicou a iniciativa local para “apoiar o emprendimiento, xerar emprego e dinamizar a economía”.

Durante a visita, a ministra estivo acompañada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

A ministra defendeu o traballo da rexedora para “potenciar un modelo exitoso como este, cun centro que pon o foco en iniciativas locais, apoiando o emprendimiento, xerando emprego e dinamizando a economía lucense”.

Ademais, tanto Alegría como Rodríguez participaron na entrega das distincións aos institutos e Centros de Formación Profesional que participaron no reto ‘Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir’ que se desenvolveu no marco do Tour do Talento.

Precisamente aos máis novos dirixiuse a ministra de Educación para lembrarlles que debn ser “conscientes” de que o futuro das cidades está “nas súas mans” e de que eles “poden ser os protagonistas do cambio”. “Debedes ser corresponsables de que tamén sodes cidadáns, cos vosos dereitos e as vosas obrigacións”, remarcou.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...