InicioSucesosCondenado a 7 anos por agredir sexualmente a un menor de 14...

Condenado a 7 anos por agredir sexualmente a un menor de 14 que declarou que era unha relación consentida

Os dous se coñeceron a través dunha aplicación de contactos en Internet.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a sete anos de cárcere a un home de 41 anos acusado de agredir sexualmente a un menor de 14 co que contactou a través da aplicación Grindr.

Así, o tribunal considera probado que, en febreiro de 2022, o procesado concertou unha cita “para manter un encontro de carácter sexual” coa vítima, de 14 anos, tras intercambiar “mensaxes de índole sexual” a través desta aplicación.

Tras recoller á vítima nunha praza da cidade de Lugo, os maxistrados aseguran que mantivo relacións sexuais co menor no interior dun vehículo estacionado nun parking, a pesar de ser “consciente da súa escasa idade”.

A Sala descarta a existencia de motivos espurios ou de inimizade previa na denuncia. Así, subliña que o menor “só contou os feitos tras ser visitado polos axentes do Corpo Nacional de Policía” que investigaban o sucedido despois de que o pai dunha amiga do mozo denunciase os feitos.

Así, a sentenza recoñece que, en sede xudicial, o menor manifestou que “non quería denunciar, que non sabía por que estaba alí, que quedara voluntariamente co acusado, chegando a manifestar que non se sentía violado porque non dixera que non”.

En canto a verosimilitud da versión ofrecida pola vítima, o tribunal entende que se trata “dun relato coherente e que se ve avalado por outras circunstancias”, entre elas as mensaxes que ambos se intercambiaron.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...