InicioSucesosAtopan nun autobús a un neno de 7 anos que se perdeu...

Atopan nun autobús a un neno de 7 anos que se perdeu na Praza Maior de Lugo

O conductor do autobús deu aviso á Policía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un neno de 7 anos foi localizado nun autobús urbano de Lugo tras perderse na Praza Maior da capital lucense o pasado venres 19 de maio.

Segundo informou a Policía Local, na tarde do venres, o condutor dun autobús urbano que circulaba pola Avenida da Coruña daba o aviso de que un neno de sete anos subiuse ao bus na parada da Avenida de Madrid, estaba só e apenas falaba.

Unha vez no lugar, os axentes falaron co menor, que non sabía indicar onde vivía nin onde se atopaban os seus pais. Ao mesmo tempo, os policías desprazados ata o lugar foron alertados pola sala de comunicacións do corpo de que unha muller denunciara a desaparición do seu fillo.

Así, comprobaron que os datos físicos e de vestimenta que sinalaba coincidían cos do menor, polo que se puxeron en contacto coa nai, que buscaba ao seu fillo pola zona da Praza Maior, lugar onde o perdeu. A continuación, os axentes trasladaron ao menor ata o punto de encontro onde a nai se fixo cargo do neno.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...