InicioSucesosXulgan un avogado por ocultar información aos clientes e falsear un auto...

Xulgan un avogado por ocultar información aos clientes e falsear un auto para cobrar unha suposta fianza

O Ministerio Público considera estes feitos constitutivos dun delito de deslealdade profesional, outro de estafa e un terceiro delito de falsidade en documento privado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro mércores, día 24, a un avogado que ocultou información e enganou a un cliente encarcerado e ás súas irmás e que chegou a falsear dous autos do Tribunal Constitucional para facerlles pagar unha suposta fianza que non existía.

En concreto, os feitos remóntanse ao ano 2017, cando un dos clientes do avogado axuizado ingresou en prisión por un delito de abuso sexual. Desde ese momento, e durante os meses seguintes, o letrado mantivo contacto tanto co reo como coas súas dúas irmás para manifestarlles a súa intención de interpor “os recursos oportunos” para lograr a súa posta en liberdade.

O acusado dixo aos prexudicados que a vía adecuada era a interposición dun recurso de revisión, pero que “debían esperar á resolución dun recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional que estaba en tramitación”.

Isto fíxoo, sostén Fiscalía, a propósito de que o TC non admitira este recurso meses antes e, de feito, o avogado nunca chegou a realizar trámites para intrepor o recurso de revisión comprometido.

AUTO FALSIFICADO

Posteriormente, durante os meses de febreiro a abril de 2018, o procesado convenceu aos seus clientes para que lle abonasen 2.500 euros en concepto de fianza que, segundo lles contou, fora imposta polo Tribunal Constitucional para a posta en liberdade do seu cliente.

Para iso, el ou alguén próximo, “confeccionou un documento que simulaba ser unha copia dun auto do Tribunal Constitucional”, no que se recollía esa suposta fianza.

Tras recibir o diñeiro de mans das irmás dos seus clientes, o avogado argumentou que o atraso na posta en liberdade do home debíase “á folga de funcionarios” de xustiza. Posteriormente, entregoulles outro documento falso no que se reclamaban outros 1.000 euros de fianza, aínda que esta cantidade non chegou a entregarse.

O Ministerio Público considera estes feitos constitutivos dun delito de deslealdade profesional, outro de estafa e un terceiro delito de falsidade en documento privado. Polo primeiro deles, pide unha multa de 7.200 euros, mentres que polos outros dous reclama seis anos de prisión e máis de 3.000 euros de multa. Tamén solicita unha indemnización de 2.500 euros para os prexudicados.

ÚLTIMAS

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...