InicioMedioambiente e PatrimonioEste domingo unha manifestación percorrerá Lugo para reclamar unha moratoria eólica

Este domingo unha manifestación percorrerá Lugo para reclamar unha moratoria eólica

Esta protesta, chama a "avanzar cara a un cambio radical do modelo enerxético, ao servizo das necesidades dos pobos e non dos intereses do capital".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha manifestación, convocada pola coordinadora Un vento vén, percorrerá este domingo, 21 de maio, as rúas de Lugo para reclamar “unha moratoria eólica inmediata en todo o territorio galego”.

A marcha partirá ás 12,30 horas da Torre da Mosqueira da Muralla baixo a lema ‘O pobo galego unido contra a depredación enerxética. As cidades e o rural xuntas contra ou capital’.

Esta protesta, apoiada por diferentes entidades ecoloxistas e sociais, chama a “avanzar cara a un cambio radical do modelo enerxético, ao servizo das necesidades dos pobos e non dos intereses do capital, no camiño da soberanía enerxética”.

Precisamente, a pasada semana colocáronse máis dunha ducia de aeroxeradores de cartón ante a muralla de Lugo para “denunciar a depredación enerxética” de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...