InicioSucesosDetido un mozo en Lugo por darlle un golpe no peito a...

Detido un mozo en Lugo por darlle un golpe no peito a un axente da Policía Local

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home como presunto autor dun delito de atentado a axentes da autoridade, tras agredir a varios policías.

Os feitos ocorreron sobre as 04,00 horas deste xoves día 18, cando unha patrulla se atopaba intervindo cun condutor ebrio na rúa Mariña Española, segundo informa o Concello de Lugo nun comunicado. Nese momento, engade, un mozo saíu dun local de lecer nocturno e achegouse aos axentes en “actitude desafiante e en ton despectivo profire diversos insultos” ás autoridades.

Os funcionarios procederon á súa identificación, pero o home negouse reiteradamente, sendo trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación, “encarándose cos policías, empuxándoos e braceando, momento no que agrediu no peito a un deles”.

Por estes feitos, procedeuse a súa inmovilización e detención por un presunto delito de atentado a axentes da autoridade, sendo trasladado inicialmente a un centro médico para ser recoñecido e posteriormente ás dependencias policiais para a instrución de dilixencias para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...