InicioSociedadeDenunciado en Lugo un condutor que circulaba sen carné, nin seguro, e...

Denunciado en Lugo un condutor que circulaba sen carné, nin seguro, e que deu positivo no test de alcoholemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncia contra un condutor por dous delitos contra a seguridade viaria, ao circular sen carné e cun resultado de alcoholemia que superaba en máis de 3 veces o máximo permitido.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na rúa Mariña Española, cando unha dotación do 092 observou un coche que circulaba de maneira irregular e deulle o alto. O condutor detívose e saíu do coche, dándose á fuga correndo.

Finalmente, foi interceptado e sometido ao test de alcoholemia, que arroxou un resultado positivo de 0,84 mg/l. Así mesmo, os policías comprobaron que carece de permiso de conducir por suspensión xudicial, e que o coche non ten o seguro obrigatorio.

Por outra banda, tamén interceptado un coche de madrugada na Avenida de Madrid, cuxo condutor emprendeu a fuxida a gran velocidade por San Roque, chegando a circular en sentido contrario e pondo en risco a seguridade doutros condutores e dos peóns.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...