InicioPolíticaLugo queda sin a visita de Pedro Sánchez este mércores

Lugo queda sin a visita de Pedro Sánchez este mércores

Según fontes do PSdeG, o motivo é a inminencia da viaxe a Estados Unidos que realizará o presidente do Goberno.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A visita do presidente do Goberno e líder do Partido SocialistaPedro Sánchez, prevista para este mércores a Lugo, onde ía participar nun acto de precampaña, foi cancelada. Segundo informaron fontes do PSdeG a Europa Press, o motivo é a inminente viaxe de Pedro Sánchez a Estados Unidos.

En concreto, estaba previsto que o líder dos socialistas participase, na Praza de Santa María, nun acto electoral de precampaña coa alcaldesa de LugoLara Méndez. Con todo, tal e como sinalaron estas fontes, a preparación da viaxe aos Estados Unidos, onde está previsto que Sánchez se reúna co presidente Joe Biden, motivou que a cita de Lugo quedara fóra da axenda.

Os socialistas programaran a visita do líder do PSOE a Lugo nun contexto no que o PSdeG reforza os actos naquelas localidades nas que considera que necesita mobilizar ao seu electorado de cara ao 28 de maio, como é o caso das cidades de Lugo e de Santiago de Compostela. Nos últimos días, estas foron visitadas pola ministra portavoz, Isabel Rodríguez, nunha semana na que tamén estivo en Galicia o responsable de Exteriores, José Manuel Albares. Ademais, o PSdeG prevé que esta semana visite Galicia a vicepresidenta Nadia Calviño.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...