InicioSucesosDetido tras agredir a outro home cunha navalla en Lugo

Detido tras agredir a outro home cunha navalla en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi arrestado en Lugo por causar cortes nunha man cunha navalla a outro mozo co que acaba de discutir nun bar da capital luguesa.

Segundo informou este venres a Comisaría Provincial da Policía Nacional de Lugo, os feitos producíronse na madrugada do pasado domingo 30 de abril. O suposto agresor e a vítima atopábanse nun establecemento hostaleiro onde iniciaron unha discusión que derivou nun enfrontamento físico no que o primeiro sacou unha navalla coa que provocou cortes nunha man ao segundo, que tamén sufriu distintos golpes.

Tras a denuncia presentada en comisaría, axentes da Policía Nacional lograron identificar ao presunto autor dun delito de lesións para proceder á súa detención na xornada do pasado xoves. Está previsto que pase a disposición xudicial na mañá do venres.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...