InicioSociedadeTensión sindical na Deputación de Lugo polas presuntas "actitudes intimidatorias" de UXT

Tensión sindical na Deputación de Lugo polas presuntas “actitudes intimidatorias” de UXT

CIG, CC.OO. e CSIF responsabilizan ao goberno provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As centrais sindicais de CC.OO., CSIF e CIG emitiron este mércores unha nota de prensa conxunta para denunciar “actitudes intimidatorias” dalgún dos responsables de UXT na Deputación de Lugo. Así, criticaron “a postura de UXT da Deputación de Lugo, que está a dar amparo a actitudes intimidatorias de presunto acoso e ataques á dignidade de traballadoras desta institución por parte dalgún dos seus representantes sindicais”.

“Este sindicato está a demostrar que non só non condenan estes actos, senón que apoia e ampara a quen presuntamente os comete“, din os sindicatos, que solicitaron a semana pasada unha reunión urxente da Xunta de Persoal e, afirman, o seu presidente, de UXT, “nin sequera se molestou en convocala”.

CC.OO., CSIF e CIG entenden que o Goberno Provincial “tamén é responsable, xa que este mesmo representante de UXT protagonizou feitos similares no pasado, dos que a Administración ten constancia e non tomou ningunha determinación ao respecto“.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...