InicioPolíticaO Concello de Lugo non terá que indemnizar con 15,4 millóns ao...

O Concello de Lugo non terá que indemnizar con 15,4 millóns ao promotor do Garañón pola súa paralización

Lara Méndez celebra a decisión en primeira instancia e lamenta o "calvario" padecido por Orozco e Besteiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Lugo eximiu ao Concello de Lugo de abonar a indemnización de 15,4 millóns de euros que reclamaban o promotor do edificio do Garañón pola decisión do goberno local de paralizar en 2011 a construción do inmoble.

A sentenza emitida este mesmo xoves e contra a que cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestima o recurso presentado polo promotor de O Garañón en xullo de 2013, no que pedía o reconcimiento do dereito a percibir unha compensación millonaria.

O maxistrado titular do xulgado lugués determina na súa resolución que en 2011, momento no que o consistorio paralizou a construción do inmoble, non concorría “un dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado”.

Deste xeito, considera que o que ocorreu “nese momento, non posteriormente” debe “incardinarse dentro das marxes do razoable, non sendo a primeira, nin única vez, que ha de retrotraerse un procedemento administrativo por falta dun informe”.

O xuíz entende que da análise da situación urbanística no momento da paralización das obras ou o estado de execución do convenio para levantar O Garañón extráese que non houbo un incumprimento deste acordo asinado en 2005 pola administración municipal.

Argumenta que a paralización se baseou nunha “retroacción do procedemento administrativo” para solicitar un informe á Consellería de Cultura que resultou negativo ao valorar a protección do sanatorio Portela e Termas Romanas e do Parque Rosalía de Castro, este último dentro do plan urbanístico de 2011 que foi publicado un ano máis tarde.

LARA MÉNDEZ CELEBRA A DECISIÓN

En declaracións difundidas aos medios tras coñecerse a decisión xudicial, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mostrou a súa satisfacción pola sentenza “favorable para o concello e, por tanto, para a cidadanía”.

A rexedora socialista lembrou que o seu predecesor no cargo, José López Orozco, e o actual delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, “sufriron un calvario” nos xulgados polo caso O Garañón. “Hoxe vemos que a realidade é testaruda”, ha añdido Méndez, que afirmou que se trata dun “día importante” para o goberno municipal despois de anos de “pelexa e loita” nos que, di, estiveron “sós”.

“En Lugo sábese como se entra nos xulgados, moitas veces, desgraciadamente con anónimos e papelitos”, aseverou Méndez en alusión aos anónimos relacionados coa candidata á Alcaldía de Lugo polo PP, Elena Candia, que motivaron a apertura de investigacións xudiciais contra Besteiro, finalmente arquivadas.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...