InicioLugo e contornaLugoTres persoas investigadas polo incendio arredor da Cova de Eirás en Triacastela

Tres persoas investigadas polo incendio arredor da Cova de Eirás en Triacastela

Os axentes da Garda Civil contaron coa colaboración do Distrito Forestal IX da Xunta e as dilixencias son remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investigou a tres persoas como supostos autores materiais dun incendio forestal que afectou a monte raso na contorna da cova Eirós, en Triacastela, o día 11 de abril, e que se orixinou por unha imprudencia grave.

En concreto, segundo informa o Instituto Armado, este tres individuos fixeron uso dun facho para acceder á cova, o que supón un incumprimento da lexislación autonómica porque en dita contorna existía risco extremo de incendio forestal, de máis do 81 por cento.

Por tanto, estaría prohibido fóra da época de perigo alto de incendios o acceder, circular e permanecer na zona, máis aínda o emprego de lume nas áreas que non están habilitadas para tal fin.

O incendio produciuse na zona de afección do ben de interese cultural (BIC) denominada cova Eirós. De feito, o acceso ao interior da mesma estaba limitado unicamente para investigadores, especialistas e persoal de actividades relacionados coa súa xestión.

Durante a investigación, os axentes contaron coa colaboración do Distrito Forestal IX da Xunta e as dilixencias son remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...