InicioLugo e contornaPortomarínInvestigan un veciño de Portomarín por un delito contra a seguridade viaria...

Investigan un veciño de Portomarín por un delito contra a seguridade viaria cando triplicaba a taxa de alcol

A Garda Civil investiga a un cidadán portugués de 47 anos de idade como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial. As dilixencias policiais xa foron remitidas á Autoridade Xudicial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga ao un veciño da localidade lucense de Portomarín como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria que, tras sufrir un accidente de circulación, triplicou a taxa de alcol permitida nas probas realizadas polos axentes.

Segundo trasladou a Comandancia da Garda Civil de Lugo, os axentes tiveron coñecemento dun sinistro viario á altura do quilómetro 128,000 da estrada N-640, no termo municipal de Monterroso, procedendo a mobilizarse ata o lugar.

Deste xeito, “aos poucos minutos” as patrullas mobilizadas comprobaron que un turismo sufrira un sinistro viario, ao saírse de vía pola marxe dereita. Así, procedeuse a asegurar a zona e alertar ao resto de servizos de emerxencia.

Á vista do resultado das probas de impregnación alcohólica realizadas, nas que o condutor triplicaba a taxa máxima permitida, os axentes procederon á instrución das oportunas dilixencias policiais.

As dilixencias xa han sifo remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Chantada, pola comisión dun presunto delito de condución superando as taxas de alcol legalmente establecidas.

SUPOSTO DELITO CONTRA A PROPIEDADE INDUSTRIAL

Noutra orde de asuntos, a Garda Civil investiga a un cidadán portugués de 47 anos de idade como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial. As dilixencias policiais xa foron remitidas á Autoridade Xudicial.

Desta maneira, os axentes indicaron que os feitos tiveron lugar no termo municipal de Villalba, onde o suposto autor actuaba en zonas rurais próximas á localidade ofertando aos veciños motosierras supostamente dunha marca de recoñecido prestixio.

Os axentes procederon á verificación das motosierras en tenda oficial, determinando que non se corresponden con modelos orixinais da mesma.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...