InicioSucesosCollen a dous condutores que circulaban ao dobre da velocidade máxima permitida...

Collen a dous condutores que circulaban ao dobre da velocidade máxima permitida en Lugo

Ían a máis de 100Km/h, cando a velocidade permitida é de 50Km/h.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detectaron este mércores, nun control de velocidade na avenida de Infanta Elena, dous condutores que circulaban ao dobre da velocidade permitida neste tramo, 50 quilómetros por hora.

Segundo trasladou a Policía Local nun comunicado, un dos vehículos foi captado a 110 quilómetros por hora, mentres que o outro foi detectado a 101. A ambos os condutores abríuselles un expediente sancionador cunha multa de 600 euros e a retirada de seis puntos do carné de conducir.

Nesta mesma vía os axentes detectaron outro vehículo que circulaba a 88 quilómetros por hora, polo que resultou sancionado cunha multa de 400 euros e a retirada de catro puntos do permiso de condución.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...