InicioEconomíaAs propostas do sector público e privado fronte ao reto demográfico a...

As propostas do sector público e privado fronte ao reto demográfico a debate na Deputación de Lugo

Segundo trasladou nun comunicado, o evento, que será de acceso libre e gratuíto ata completar o aforamento, contará cun total de tres mesas de presentación e debate.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo organiza este xoves, 20 de abril, unha xornada para expor accións e debater propostas de administracións públicas e sector privado fronte ao reto demográfico, que reunirá no Salón de Actos entre as 10,00 e as 14,30 horas a concellos, universidades, organizacións sociais e empresas para abordar accións que contribúen a fixar poboación no rural.

Segundo trasladou nun comunicado, o evento, que será de acceso libre e gratuíto ata completar o aforamento, contará cun total de tres mesas de presentación e debate.

Deste xeito, levará a cabo a presentación do proxecto ‘E para Vivir Lugo’ da Deputación e que involucra aos concellos da provincia, á Universidade e a organizacións sociais en busca de solucións innovadoras que aproveiten os recursos endóxenos das zonas rurais para convertelos en oportunidades. A continuación, darase a coñecer o traballo da iniciativa ‘Aldealista’, do que é responsable Juan Carlos Pérez, e da que forma parte a institución provincial.

Por último, debaterase na mesa redonda ‘Territorio Rural Intelixente’, que estará moderada polo xornalista Manuel Campo Vidal, e na que representantes de empresas como Leite Río, Cafés Candelas, Estrella Galicia e Gadisa, así como o sindicato Unións Agrarias, sobre as oportunidades e desafíos da implantación das novas tecnoloxías no ámbito rural.

ÚLTIMAS

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

O PP de Lugo sinala informes de servizos municipais que advirten sobre contratos caducados

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, acusou ao goberno local, que dirixe...