InicioEconomíaA futura fábrica de Norvento nas Gándaras xa é proxecto empresarial singular

A futura fábrica de Norvento nas Gándaras xa é proxecto empresarial singular

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta declarou proxecto empresarial singular a iniciativa da empresa Norvento para instalar no polígono lucense das Gándaras unha nova fábrica vinculada ao sector das enerxías renovables.

Con esta decisión, avalada este xoves polo Consello da Xunta, permítese a adxudicación directa á promotora de dúas parcelas localizadas neste parque e a constitución dun dereito de adquisición preferente sobre unha terceira.

Aínda que esta figura xa existía anteriormente, lembra a Xunta, a Lei de áreas empresariais aprobada en 2022 define os proxectos singulares como aqueles en os que concorren circunstancias especiais, como a importancia da súa actividade, a localización, a vinculación cun sector de relevancia ou interese ou as necesidades especiais de chan.

NORVENTO ENERXÍA

Norvento Enerxía está xa instalada no parque empresarial das Gándaras, onde dispón de catro parcelas que acollen a súa sede principal e un laboratorio de investigación. A nova fábrica que proxecta centrarase no desenvolvemento de equipos para a xeración e o almacenamento de enerxía –aeroxeradores, pas, conversores de potencia, etc.–, así como servizos de operación e mantemento de equipos.

A súa declaración como proxecto empresarial singular está xustificada pola importancia do investimento previsto, que supera os 50 millóns de euros, e polo número de empregos que a compañía estima que se crearán, algo máis de 840, dos cales 270 serán directos.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...