InicioSociedadeO programa 'Coñece a túa provincia' leva esta semana de viaxe a...

O programa ‘Coñece a túa provincia’ leva esta semana de viaxe a preto de 140 veciños de seis concellos de Lugo

Este programa percorre o territorio lucense para fomentar o turismo de proximidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciños de seis concellos da provincia de Lugo participarán esta semana no programa ‘Coñece a túa provincia’, da deputación de Lugo, que percorre o territorio lucense para fomentar o turismo de proximidade. En concreto, trátase de preto de 140 persoas dos municipios de Outeiro de Rei, Riotorto, Foz, Pol, Samos e Ribas de Sil.

O mércores, a Asociación Sociocultural e Veciñal A Costoña de Vicinte, de Outeiro de Rei, e a de Pais de alumnos do CEIP de Riotorto, viaxaron ata á Mariña e á Ribeira Sacra. Os primeiros comezaron a súa ruta no Pazo de San Marcos, onde o grupo foi recibido por Pablo Rivera, Deputado de Promoción Económica e Social, antes de continuar cara a Trabada, onde visitan o Museo Etnográfico José Rocha, A Pontenova e o Mazo dá Fraga en Ferreiravella, en Riotorto.

Doutra banda, o outro grupo partiu da Granxa Gayoso Castro da institución provincial, onde foron saudados polo Deputado responsable desta área, Roberto Fernández Rico. Posteriormente, puxeron rumbo á Ribeira Sacra, onde realizaron un itinerario cunha visita a unha igrexa románica en Sober e un miradoiro, e un percorrido en catamarán polo Canón do Sil, desde Monforte de Lemos.

O xoves será protagonista de novo a Ribeira Sacra e a montaña. Escolares do Colexio Fundación Martínez Otero, de Foz, desprazaranse ata Sober e Monforte de Lemos despois de coñecer os segredos do mundo televisivo na Produtora de Audiovisuais da institución. Aos concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz viaxarán mulleres da Asociación Rurais Esquecemento, de Pol, tras coñecer a historia do Pazo de San Marcos.

Para finalizar a semana, o venres, a Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos partirán do Mazo de Santa Comba para realizar na Mariña a ruta polos concellos de Trabada, A Pontenova e Riortorto. Tamén á costa lucense, neste caso aos concellos do Valadouro e Alfoz, viaxarán os membros do Centro de Animación Rural Remansiño do SIL-SAN CL, de Ribas de Sil, que sairán do Centro de Interpretación Terras do Miño.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...