InicioEconomíaLugo Transforma investirá 400.000 euros na tecnolóxica InVerbis Analytics

Lugo Transforma investirá 400.000 euros na tecnolóxica InVerbis Analytics

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lembra que InVerbis "naceu como un proceso de incubación e transferencia tecnolóxica desde CiTiUS" no ano 2020

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este martes a terceira das empresas que contará con financiamento da Estratexia Lugo Transforma, articulada durante a pandemia para favorecer a diversificación industrial e crear emprego estable e de calidade no municipio.

En concreto, serán a tecnolóxica InVerbis Analytics, que recibirá 400.000 euros deste fondo para apontoar o seu fortalecemento e cuadriplicar o seu cadro de persoal.

InVerbis, lembrou Lara Méndez, “naceu como un proceso de incubación e transferencia tecnolóxica desde CiTiUS, o Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela” no ano 2020, “coa vontade de introducir no mercado vantaxes para as empresas encamiñadas a xerar importantes aforros de xestión, automatizar as súas operacións de maneira rápida e efectiva e facilitar os procesos de certificación”.

“Hoxe, case tres anos despois, os seus algoritmos están á vangarda internacional, ofrecendo a que xa se considera a ferramenta de minaría de procesos máis flexible que existe neste momento”, engadiu a rexedora.

Na actualidade, a compañía está formada por 14 persoas, entre as que figuran dous doutores de física, un doutor en enxeñaría de computación e dous enxeñeiros industriais con posgraos en big data e intelixencia artificial. A previsión é a de cuadriplicar o persoal ata 2025, creando 38 novos postos de traballo para os que botarán man de perfís saídos directamente dos graos dos que dispón a USC en Administración de Empresas, Mercadotecnia, Publicidade, Avogacía, Relacións Laborais e Empresa e Tecnoloxía.

Gonzalo Martín, Alejandro Ramos e Sonia Martínez –CEO, director científico e responsable de dirección e administración da empresa, respectivamente– puxeron de manifesto que, actualmente, reciben “moitas máis chamadas desde o extrajero que desde españa”, polo que este investimento servirá para aproveitar as oportunidades que se presentan no ámbito da loxística, administración pública, banca, xestión hospitalaria e industria do automóbil.

Pola súa banda, Jesús Torres, de Torsa Capital, destacou o potencial de InVerbis, que “está a conseguir situarse como marca no sector” e que ten unha “gran fortaleza no equipo executivo que acumula anos de experiencia en xestión empresarial, desenvolvemento do negocio e tecnoloxía da información, así como no consello científico asesor que os acompaña con experiencia en tecnoloxías intelixentes ou aprendizaxe automática”.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...